LOGO PxR Galicia

Mellor reparar que tirar. Membros da REDE GALEGA PxR

 Mellor reparar que tirar. Membros da REDE GALEGA PxR.

Rede de Preparación para a Reutilización.

O obxectivo desta iniciativa é crear un espazo transversal de debate e colaboración en todos os ámbitos posibles (empresarial, educativo, social, institucional) mediante o que se facilite o intercambio de habilidades e coñecemento, ao tempo que estimula a creación de novos proxectos que contribúan á transición cara o modelo de economía circular na nosa comunidade.

 ANTIQUO.NOVO 

O Proxecto ANTIQUO.NOVO é unha iniciativa de AB Ingenieros que busca xerar sinerxías con restauradores e reparadores de mobles para recuperar mobiliario, pezas tradicionais e obxectos antigos procedentes das súas obras que poidan ter unha segunda vida.

Dentro da nosa actividade de restauración de vivendas tradicionais atopámonos, en ocasións, con pezas, obxectos ou mobles antigos que restaurados poderían volver ter unha segunda vida, ou tamén un valor no mercado de antigüidades. Este proxecto, aínda incipiente, busca xerar sinerxías con restauradores e reparadores de mobiliario antigo de Galicia.

A nosa inciativa está inscrita na Rede Galega PxR, co número de rexistro PxRGal-004/20.

PxR Galicia

Si eres restaurador ou restauradora, ou gustaríache restaurar mobles antigos, ponte en contacto connosco.

Na sección «Faino ti», atoparás recursos online para a reparación dos obxectos da túa vida cotiá, ademais de consellos cos que poderás aportar novos valores ás túas prendas de vestir ou aos mobles da túa casa ou negocio.

Aproveitar obxectos para crear produtos por medio da creatividade outorga un maior valor que o que tiña o obxecto orixinal e reduce a necesidade de novas materias primas para crear novos produtos.

atoparás recursos online para a reparación dos obxectos da túa vida cotiá, ademais de consellos cos que poderás aportar novos valores ás túas prendas de vestir ou aos mobles da túa casa ou negocio.

Aproveitar obxectos para crear produtos por medio da creatividade outorga un maior valor que o que tiña o obxecto orixinal e reduce a necesidade de novas materias primas para crear novos produtos.