subvenciones IGVS

Formación gratuita AUTONOMOS DIXITAIS

Formación gratuita AUTONOMOS DIXITAIS

AUTONOMOS DIXITAIS

A Xunta de Galicia lanza o proxecto “autónomos dixitais” para mellora do grao de preparación dos traballadores autónomos galegos e lles fornecer de competencias dixitais, amortecendo os perxuicios da crise do covid-19, que incidiu dun xeito directo sobre o xeito de comercializaren bens e servizos e onde o comercio eletrónico preséntase como a via mais axeitada para desenvolveren suas atividades. acharse inscrito como traballador autónomo constitue o único requisito para recibir esta formación gratuita, impartida via e-learning de xeito fácil e accesíbel.

Baixo o lema “Acelera o teu camiño cara a transformación dixital” impartiránse dous níveis de Curso, un de Fundamentos e outro de Especialista, poñendose de relevo a a importancia de desenvolver competencias dixitais.

Curso de Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico
O impacto económico provocado pola pandemia causada polo Covid-19 é especialmente relevante entre as pemes e o persoal autónomo. As consecuencias directas estanse a producir neste momento e continuarán durante varios meses máis debido ao deterioro previsto da situación económica, que sen dúbida afectará á actividade e ás vendas futuras.
Ante este ambiente desfavorable, é necesario tomar medidas que sirvan para mellorar as perspectivas de recuperación no menor prazo de tempo posible. Neste sentido, o comercio electrónico experimentou un auxe importante e converteuse nunha canle empresarial clave para a supervivencia dos autónomos.

Toda a información aquí

Suíguenos en redes sociais se queres enterarte das últimas novas. Neste blog atoparás  temas de actualidade sobre Informe de Evaluación de los Edificioscertificado energéticoproyecto técnico de gasolineralicencias para abrir un localISCCalta vivienda turística…e moito máis.